Recitais “Alén do silencio” en Padrón e Santiago

Levo moitos días dándolle voltas e discutindo comigo mesmo se publicar isto ou non. Os máis achegados sabedes que tiven a honra de participar no libro colectivo “Alén do silencio”. Tamén sabedes de como está a rematar o asunto. Penso que, independentemente das lamentables circunstancias finais, teño un compromiso cos autores que participan no poemario. Eses 142 poetas merecen e teñen o meu respecto e admiración.
Por eles é polo que hoxe publico estas verbas: porque os autores, a poesía e a cultura non teñen culpa.

E desculpade se, se cadra, non comparto datos actualizados: non teño, tristemente, acceso á información “oficial”.

Ao tema, que é o verdadeiramente importante, a razón pola que estamos aquí, eu na escrita e ti na letura, e o resto son asuntos que tratar nostros sitios.

Están programados dous fermosos recitais, case que en días consecutivos, xa que serán os días 23 e día 25 deste mes de xullo de 2014, o primeiro en Padrón, berce de poesía galega, e o segundo Santiago, centro político da Galicia. Ambos os dous actos son de presentación [¿?] dos libros colectivos “Alén do Silencio” e “Un libro de libros”, que non están á venda que eu saiba, e contarán coa participación e recitado de moitos dos autores en ambos proxectos.

Non me estendo máis e déixovos os datos para que engadades á vosa axenda estes eventos aos que, por suposto, invítovos a asistir e a disfrutar das verbas destes artistas.

Recital-Presentación en Padrón. Datos prácticos.
Presentación do poemario colectivo “Alén do silencio”.
Participan: Marcelino Romero, Lorena Rei, Ana Pérez Croas, Uxía Otero, Oti, Fernando Castaño, Cruz Martínez, Iria López “Ika”, Xurxo Valcárcel, Luisa Arias, Irene Fernández, Asun Estévez, Evinha de la Torre, Sara Otero, Eva Xanín, Anxo Angueira, Silvia Castiñeiras e Pepe Domingo Castaño.
Música a cargo de Maianas, pandereteiras da Maía.

Día e hora: mércores, 23 de xullo de 2014, ás 20:30h.
Lugar: Casa Museo de Rosalía de Castro
Enderezo: rúa da Matanza, s/n. Padrón – A Coruña.
Coordenadas GPS: 42.7380458, -8.6520141.
En Google Maps: https://goo.gl/maps/uLBnC

Recital-Presentación no Festigal de Santiago de Compostela. Datos prácticos.
Presentación do poemario colectivo “Alén do silencio” dentro da Galería das Letras do Festigal 2014.
Participan: Cesáreo Sánchez Iglesias, Rosalía Fernández Vidal, Iria López “IKA”, Rochi Nóvoa, Guillerme López Sueiro, Irene Fernández, Cruz Martínez, Luísa Arias, Alexandre Brea, Beti Arias, Lorena Rei, Isidro Rajo “Isidrez”, Xurxo Valcárcel, Luz Fandiño,
Iolanda Aldrei, Ana Pérez Croas, Estela Dopazo, Catarina Laxe, Alexandre Insua e Rosanegra, Victoria Esteban, Chus Amieiro, María José Castelo, Mar Romero, Silvia Castiñeiras, Carlos Neira Suárez, e Anxo Angueira.

Día e hora: venres, 25 de xullo de 2014, ás 21:30h.
Lugar e máis información na web do Festigal 2014.

Advertisements

About Pepe Ancosmede

Cidadán, contribuínte, condutor, peón. Persoa, animal e ás veces cousa. Fumador a tempadas, máis oínte que falador, máis leitor que escritor. Aprendiz sempre e nunca mestre. Xuntador de letras, contador sen contos.
Estas entrada foi publicada en Recitais, Sin categoría coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Se queres, deixa aquí o teu comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s